Achegando $ 201
🌑 Un pequeno xesto grande
O teu nome (ou alias) aparecerá nos agradecementos da web de Cicla.

> 12 Cofinanceiros
Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?
Cicla: a app de coñecemento do ciclo menstrual creada por mulleres

Min.
Opt.
O teu nome (ou alias) aparecerá nos agradecementos da web de Cicla.




Cicla visibiliza como as fases do ciclo menstrual inflúen na vida diaria e na saúde das mulleres, promovendo o autocoñecemento.
Infraestrutura
|
Mínimo | Óptimo |
|---|---|---|
|
Gastos fixos de Cicla (2026 - 2028)
Pago dos gastos fixos anuais necesarios para garantir a continuidade de Cicla durante os próximos tres anos: - Programa de Desenvolvedores de Apple: 99€/ano, - Dominio cicla.es: 13€/ano, - Hosting da web cicla.es en Dinahosting: 79€/ano e - Comisións bancarias de Abanca: 126€/ano.
Cubrir estes custos permite que a app e a web sigan activas, actualizadas e accesibles sen depender de investidores externos nin publicidade invasiva.
|
$ 19,147 | |
|
Comisión Goteo
10% de comisión (sobre a recadación mínima) por pagamentos con tarxeta e para a Fundación Goteo.
|
$ 987 | |
|
Desenvolvemento e mantemento da páxina web (2019 - 2025)
Mantemento anual da páxina web de Cicla desde o inicio do proxecto (compra e renovación de dominios, servizos de hosting necesarios para aloxar a web, certificados de seguridade e contas de correo asociadas ao proxecto).
A web foi unha peza clave para a difusión de Cicla, o acceso á información sobre o ciclo menstrual e a comunicación coa comunidade.
|
$ 10,127 | |
|
Rexistro da Marca (2019)
Rexistro na Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM)
|
$ 3,322 | |
|
Programa de Desenvolvedores de Apple (2021 - 2025)
Gasto anual obrigatorio para poder publicar, manter e actualizar a aplicación de Cicla en dispositivos iOS (Apple Store)
|
$ 13,952 | |
|
Xestión, legalidade, difusión e gastos operativos (2019 - 2025)
Custos necesarios para a xestión legal, administrativa e operativa da Asociación Cicla: seguros obrigatorios, comisións bancarias e trámites administrativos.
|
$ 13,107 | |
|
Comisión Goteo
10% de comisión (sobre a recadación óptima) por pagamentos con tarxeta e para a Fundación Goteo.
|
$ 5,396 |
Material
|
Mínimo | Óptimo |
|---|---|---|
|
Formación (2019 - 2021)
Formación específica necesaria para o desenvolvemento e mellora de Cicla, tanto a nivel técnico (curso de programación Flutter) como de contidos (Curso sobre Ciclo Menstrual, Entrenamento e Saúde)
|
$ 3,241 |
Tarefa
|
Mínimo | Óptimo |
|---|---|---|
|
Candidaturas Premios LAUS (2021)
Participación de Cicla en convocatorias de premios e concursos do sector creativo, tecnolóxico e social: Premios LAUS (categoría Apps móbiles e Aporta), ADCE Awards e Concurso IXA.
|
$ 10,067 | |
| Total | $ 20,133 | $ 79,346 |
Somos Cicla, un equipo liderado por mulleres que desde 2019 desenvolve unha aplicación móbil dedicada ao coñecemento do ciclo menstrual, utilizada por máis de 25.000 mulleres.
Cicla é unha ferramenta creada para entender como as diferentes fases do ciclo inflúen na vida diaria, na saúde, no benestar e na toma de decisións. Partimos dunha idea clave: o ciclo menstrual é o quinto signo vital, tan importante para a saúde como a respiración ou a presión arterial.
Desde o seu lanzamento en 2021, Cicla desenvolveuse como un proxecto independente, sen publicidade nin venda de datos, poñendo sempre a privacidade e a saúde das usuarias no centro. O 16 de marzo de 2026 lanzamos unha nova versión da app e creamos esta campaña para asegurar a súa continuidade e seguir ofrecendo unha ferramenta gratuíta, ética e sostible.
En total, levamos investidas máis de 1.400 horas de traballo:
E todo este traballo tradúcese nunha nova versión de Cicla con importantes melloras:
Descarga Cicla no teu móbil:
👉 Se es iOS en este enlace.
👉 Se es Android en este enlace.
Cicla xorde ao tomar conciencia da falta de coñecemento sobre o ciclo menstrual e, por tanto, sobre os nosos propios corpos. Esta carencia non é individual, senón social, e ten un impacto directo na saúde, no benestar e na autonomía das mulleres.
O proxecto nace como unha forma de aportar coñecemento rigoroso, accesible e respectuoso, e como unha reivindicación do lugar que o ciclo menstrual debería ocupar na sociedade actual, fronte á súa histórica invisibilización e estigmatización.
Lanzamos a primeira versión de Cicla en decembro de 2021 coa vontade de ser unha ferramenta gratuíta e de acceso libre, independentemente dos recursos económicos de cada persoa.
Durante estes anos asumimos os custos de desenvolvemento, mantemento, marca e comunicación cos nosos aforros persoais. Hoxe, para poder seguir avanzando e manter a nova versión da app, necesitamos o apoio da comunidade.
Esta campaña está dirixida a todas as persoas que usan, valoran ou consideran necesario que existan proxectos de saúde menstrual éticos e independentes. O apoio económico permitirá que Cicla siga medrando sen renunciar aos seus valores.
Tamén nos podes axudar facendo chegar o proxecto a máis xente mediante a difusión de Cicla en grupos de amigas/os, redes sociais e medios de comunicación.
Cicla comezou como un proxecto impulsado por dúas irmás e medrou ata converterse nun equipo de 15 persoas con perfís diversos e complementarios. Ao longo destes anos desenvolvemos o proxecto no noso tempo libre, compaxinándoo coas nosas vidas persoais e profesionais, e sosténdoo con recursos propios.
Esta traxectoria demostra a nosa capacidade para idear, desenvolver e manter unha aplicación móbil funcional e con impacto social, así como o noso compromiso coa continuidade de Cicla a longo prazo.
Actualmente, o equipo organízase en diferentes áreas de traballo: Produto, Contidos, Marca & Comunicación, e Estratexia.
O ciclo menstrual é un proceso hormonal que acompaña ás mulleres durante toda a nosa etapa fértil, aproximadamente 30 anos ou uns 500 ciclos menstruais. A súa relevancia para a saúde é tal que en 2015 o Colexio Americano de Obstetricia e Xenecoloxía o recoñeceu como o quinto signo vital, xunto coa temperatura corporal, a presión arterial, a frecuencia cardíaca e o ritmo respiratorio.
A pesar diso, a saúde menstrual continúa sendo un ámbito invisibilizado e pouco abordado socialmente, mesmo cando afecta de forma directa a case a metade da poboación mundial (o 49,6% de mulleres en 2024, segundo datos das Nacións Unidas). Esta falta de información e recoñecemento ten consecuencias na saúde, no benestar e na autonomía das mulleres.
As aplicacións dispoñibles actualmente no mercado non cubren este baleiro informativo: a maioría limítanse ao rexistro do sangrado ou están orientadas principalmente á reprodución, deixando de lado o enfoque integral da saúde menstrual.
Cicla nace como unha resposta a esta carencia, co compromiso de ofrecer coñecemento, educación e autocoñecemento, situando ás mulleres no centro de toda a estratexia, o deseño e a toma de decisións do proxecto.
🌑 Un pequeno xesto grande
O teu nome (ou alias) aparecerá nos agradecementos da web de Cicla.

> 12 Cofinanceiros
🌒 Apoio consciente

> 12 Cofinanceiros
🌔 Comunidade

> 08 Cofinanceiros
🌕 Mecenado comprometido

> 02 Cofinanceiros