¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Odina, sempre adiante!

Financiado o 30 / 03 / 2026
Cofinanciado!
Obtido
€ 15.020
Mínimo
€ 12.500
Óptimo
€ 20.000
165 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando € 20

    ESTROPO

    Coa túa doazón farás posible a compra dos materiais necesarios (madeira, cravos, pinturas e aceites...) para axudar aos traballos de recuperación do Odina. Terás como agasallo unha lámina coa imaxe do Odina (que che enviaremos en PDF) e estarás incluída na listaxe de colaboracións do proxecto con recoñecemento e agradecemento pola túa achega. Faremos unha celebración para todas as persoas colaboradoras e convidarémoste o día da varada.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Como persoa física, aportando 20€ o teu gasto real será de 4€. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 31 Cofinanceiros
  • Achegando € 30

    TOLETE

    Coa túa doazón farás posible a compra dos materiais necesarios e axudarás aos traballos de recuperación do Odina. A recompensa inclúe unha lámina impresa coa imaxe do Odina e estarás incluída na listaxe de colaboracións con recoñecemento e agradecemento pola achega ao proxecto. Tamén faremos unha celebración para todas as persoas colaboradoras e convidarémoste o día da varada.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 22 Cofinanceiros
  • Achegando € 50

    VELA

    Coa túa doazón axudarás aos traballos de recuperación do Odina. Esta recompensa inclúe unha saída a navegar no Odina nas saídas que se programarán unha vez recuperado. O mesmo día poderás recoller o agasallo dunha lámina impresa coa imaxe do Odina e estarás incluída na listaxe de colaboracións. Tamén te convidaremos á celebración e ao día da varada.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 59 Cofinanceiros
  • Achegando € 120

    MOTÓN

    Coa túa doazón axudarás aos traballos de recuperación do Odina. Esta recompensa inclúe unha sesión inicial de vela latina nunha xornada matinal de formación básica e unha saída de navegación a vela. Tamén inclúe unha praza nas saídas que se programarán unha vez recuperado e unha lámina especial personalizada. Convidarémoste á celebración e ao día da varada.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 16 Cofinanceiros
  • Achegando € 250

    AMIZADE

    Coa túa doazón axudarás aos traballos de recuperación do Odina. Esta recompensa inclúe unha navegación en grupo coas túas amizades (ata 6 persoas). E unha lámina especial coa imaxe do Odina personalizada. Tamén estarás convidada á celebración para todas as persoas colaboradoras.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 16 Cofinanceiros
  • Achegando € 350

    CONFRARÍA

    Coa túa doazón axudarás aos traballos de recuperación do Odina. Esta recompensa inclúe unha saída ao mar de mañá ou tarde (2h) con un grupo pechado no Odina (ou no Margaret Alison, ata 10 persoas) co agasallo dun pica-pica e unha cata de viños da adega Talcomraja. Inclúe tamén a lámina especial personalizada.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 06 Cofinanceiros
  • Achegando € 600

    ARDORA

    Coa túa doazón axudarás aos traballos de recuperación do Odina. Esta recompensa inclúe unha saída exclusiva cunha xornada completa de navegación ao mar no Odina (ou no Margaret Alison) cunha cata de viños da adega Talcomraja. Recibirás unha lámina especial personalizada co agradecemento pola túa achega ao proxecto.

    Aportar desgrava: ata o 80% se o inclúes na túa declaración da renda. Facenda devolverache o resto. Compróbao aquí: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Cofinanceiros

¡Comezamos a conta atrás para acadar o reto!

27 | 02 | 2026
¡Comezamos a conta atrás para acadar o reto!

☀️ Boas noticias, xa superamos os 8.000 euros. Moitas grazas aos 95 cofinanciadores que fixeron posible que cheguemos a esta cifra, a 10 días da data do "todo ou nada". A cifra de 12.500 euros é a mínima que se debe acadar para considerar o proxecto un éxito. Quédannos 10 días para acadar e superar esta cifra.

⛵️ Encaramos a última semana cunha conta atrás onde vos iremos facendo diversas propostas e pedindo a vosa colaboración para facer este último esforzo. Aos que non tivéstedes tempo ou o momento de facer a vosa achega, intentade facela, aínda que sexa pequena. Satisfainos moito ver como medra o número de persoas que cren no Odina e queren facer posible que volva navegar. Aos que xa fixestes a achega, podedes seguir comentando ou facendo promoción nos vosos círculos máis persoais. 🔝 Xa sabedes que podedes facelo difundindo esta ligazón: https://ca.goteo.org/project/odina-sempre-avant

🥳 E para celebrar o fin da primeira fase da campaña, estamos preparando unha serie de actividades no Peirao o sábado e domingo, 7 e 8 de marzo. Reservade algún momento da fin de semana para vir ver o Odina e as actividades que estamos preparando no espazo do Peirao (no porto pesqueiro de Arenys) onde está o Odina. ¡Agardámosvos!

¡Odina, sempre adiante!

Comentarios

Iniciar sesión para deixar un comentario