Achegando € 5
Chusco
Para particulares
- Agradecemento en créditos
> 07 Cofinanceiros
We use own and third party cookies to improve your user experience and our services, analyzing users' browsing in our website. If you continue browsing, we will consider that you consent to its use. You can get further information in our Cookies Policy
Noa E Lúa
Para particulares
Para particulares
Para particulares
Para particulares
Para particulares
Para particulares
Para particulares
Agradecemento en créditos
Ligazón para o visionado da curta
Fanzine Dixital (Pequena revista con curiosidades da produción)
Lata de patacas fritas, Bonilla a la vista
Viño branco/tinto, Señorío de Rubios
Vídeo de agradecemento personalizado do equipo
Suadoiro Oficial, Noa e Lúa
Para centros educativos, culturais, teatros, salas
Para particulares
Para Empresas
Para particulares
Para Empresas
"O voo da infancia" é a temática principal da curtametraxe que fai homenaxe ás terras da costa de A Coruña.
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Ambientación
Custos relacionados co departamento de ambientación: o traballo da vestimenta dos espazos que traballaremos para achegalos á historia.
|
€ 400 | |
Extra de ambientación.
Aínda que poderiamos traballar cun orzamento máis reducido, o departamento de arte require un extra en ambientación que agradeceriamos moitísimo.
|
€ 200 |
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Transportes
Desprazamentos de material de Barcelona a A Coruña, alugueiro de furgoneta e de coches de equipo en Galicia.
|
€ 1.000 | |
Viaxes
Desprazamentos en avión para o equipo técnico principal.
|
€ 600 | |
Aloxamentos
Aloxamentos e comidas para o equipo técnico principal en A Coruña.
|
€ 1.500 | |
Equipo técnico adicional
Gustaríanos contar con máis técnicos para a rodaxe, pero teremos que cubrir as súas dietas e estancia.
|
€ 1.200 | |
Localizacións
Custos destinados ao acceso a localizacións (sobre todo para o espazo do interior da casa de Lúa) que é máis difícil conseguir de forma gratuíta.
|
€ 600 |
![]() |
Mínimo | Óptimo |
---|---|---|
Localizacións técnicas e probas de vestiario
Desprazamentos a A Coruña e estancias para os xefes de departamento para realizar scoutings (é dicir, acudir previamente para escoller localizacións e previr dificultades) e probas de vestiario ás actrices ao longo dos meses de abril/maio de 2022.
|
€ 1.500 | |
Total | € 3.500 | € 7.000 |
Noa e Lúa é unha curtametraxe que estamos realizando como parte do noso Traballo Final de Grao da ESCAC (Escola Superior de Cinema i Audiovisual de Catalunya).
A curta traballa o peche da etapa da infancia de dúas amigas e o proceso de entrada na adolescencia e na madurez. Acompañarémolas dende a inocencia da infancia idílica ata o espertar desta, e o desenvolvemento dunha conciencia da vida como un seguido de ciclos e experiencias, sendo a morte parte deste todo. A curtametraxe terá unha duración aproximada de 15 min.
Intentando achegarnos ás experiencias transformadoras da infancia da directora Lidia López, descubrimos as costas galegas como a paisaxe idílica na que inmediatamente soubemos que queriamos que se desenvolvese a historia.
Pouco a pouco fómonos adentrando nunha investigación sobre a cultura e a lingua galega e fomos incorporando elementos desta na historia. Tomamos a decisión de realizar este proxecto, non só nas costas de A Coruña, senón tamén en lingua galega.
A curtametraxe terá unha duración aproximada de 15 min.
Sinopse
Noa comparte unha cala secreta con Lúa, onde construíron o seu propio mundo. Alí xogan e evádense das súas responsabilidades, ata que Lúa revela que lle veu a regra. Isto preocupa a Noa, que non quere deixar de xogar e teme que a súa amiga se faga maior e prefira o mundo adulto do que fuxían.
Ficha Técnica
Título: Noa e Lúa
Tipo de Proxecto: Curtametraxe
Duración: 15 min
Cor/B&N: Cor
Xénero: Drama/Coming of age
A curtametraxe foi seleccionada o pasado mes de abril por Escac Films como candidata a recibir unha dotación económica por parte da produtora e tamén material da escola como axuda para realizar a rodaxe entre os próximos meses de maio e xuño de 2022.
Estannos aconsellando e monitorizando os profesionais da produtora e a escola nas decisións que tomamos en relación con esta produción.
Aínda tendo esta axuda e soporte técnico, necesitamos un impulso extra para cubrir os custos de produción. Tendo en conta que debemos desprazar o equipo humano e material desde Barcelona ata A Coruña para os procesos que comprende a actividade produtiva do proxecto.
É por isto que animamos a todo o mundo a que participe do noso proxecto a través dunha doazón na plataforma de crowdfunding Goteo que fai unha chamada non só a particulares senón tamén a empresas e entidades sociais que queiran asociarse co noso proxecto. Calquera axuda é benvida!
Finalmente queremos contar coa colaboración de todo tipo de entidades para axudarnos a promocionar o proxecto e que a chamada ao crowdfunding chegue ao máximo número de persoas posibles.
Noa e Lúa é unha historia sobre a madurez que nos presenta a dúas nenas moi distintas, unidas pola necesidade de sentirse libres. Chegados a unha certa idade, os rapaces comezan a abandonar o mundo infantil no que xogan e usan a imaxinación, para adentrarse nun mundo adulto baseado nas aparencias e responsabilidades.
Ambas as dúas rapazas, senten a presión deste mundo adulto por parte das súas familias, e empregan a cala como vía de escape; un espazo no que poden ser elas mesmas, sen preocupacións nin normas. A chegada da regra desestabiliza esta realidade que construíron e preséntase como unha ameaza para Noa, que teme que Lúa comece a cambiar e a converterse nunha adulta que deixe de querer xogar.
A historia desenvólvese nun pobo galego costeiro. A presenza da natureza e a contorna rural será importante na trama, marcando os distintos espazos nos que transcorre a historia.
A directora, Lidia López, percorreu numerosas veces a costa galega, tanto cara á Costa da Morte como cara á Costa Ártabra, quedando fascinada pola paisaxe salvaxe e mesmo mística na que tan presente está a morte e o paso do tempo. Estes temas trátanse na historia pois, coa chegada da regra, as nenas comezan a ser conscientes do paso do tempo e os cambios aos que isto conleva, ao igual que a morte da avoa e a enfermidade de Lúa achegarán este tema tan cru pero natural a dúas rapazas, que nun principio só desexan xogar.
Coñecémonos no ano 2018 e desde entón traballamos xuntos e convivimos no ambiente universitario da Escac como compañeiros e amigos. En 2019 establecémonos como grupo de rodaxe firme e desde entón non paramos.
Cando Lidia nos escribiu a proposta de Noa e Lúa para avaliarnos como traballo final de carreira, o pasado mes de xaneiro, non dubidamos en sumarnos ao proxecto. Falando, a través de Noa E Lúa, de dar peche a unha bonita etapa da vida, parécenos unha maneira ideal de dicir adeus á nosa etapa universitaria para entrar no mundo profesional.
O equipo de Noa e Lúa está formado por estes profesionais, especializados durante a súa etapa en ESCAC nos diferentes departamentos:
*DIRECCIÓN - Lidia López
*GUIÓN - Amaia Aldai
*DIR. DE PRODUCIÓN - Kai Urban
*DIR. DE FOTOGRAFÍA - Alba Martinez
*DIR. DE ARTE - Gabriel P. Verdaguer
*DESEÑO SONORO - Joan Castán
*MONTAXE - Sonia Florez
*AXUDANTE DE DIRECCIÓN - Jackson Cooper
*XEFATURA PRODUCIÓN - Ruth Porro Gisbert
Segue as redes sociais do proxecto:
Consideramos imprescindible o cinema como parte da cultura e cremos que pode ser un vehículo para protexer as linguas rexionais como neste caso é o galego. O compromiso coa reivindicación das linguas rexionais na cultura é imprescindible para nós, xa que a gran maioría dos integrantes do noso equipo falamos catalán, éuscaro ou galego e defendemos o emprego das nosas respectivas linguas.
Chusco
Para particulares
> 07 Cofinanceiros
Bico
Para particulares
> 16 Cofinanceiros
Aperta
Para particulares
> 05 Cofinanceiros
Larpeirada
Para particulares
> 02 Cofinanceiros
Sentidiño
Para particulares
> 01 Cofinanceiros
Esmorga
Para particulares
> 01 Cofinanceiros
Terra
Para particulares
Agradecemento en créditos
Ligazón para o visionado da curta
Fanzine Dixital (Pequena revista con curiosidades da produción)
Lata de patacas fritas, Bonilla a la vista
Viño branco/tinto, Señorío de Rubios
Vídeo de agradecemento personalizado do equipo
Suadoiro Oficial, Noa e Lúa
> 02 Cofinanceiros
Ledicia
Para centros educativos, culturais, teatros, salas
> 00 Cofinanceiros
Feitizo
Para particulares
> 00 Cofinanceiros
Luar
Para Empresas
> 00 Cofinanceiros
Agarimo
Para particulares
> 01 Cofinanceiros
Enxebre
Para Empresas
> 00 Cofinanceiros